Próximo encontro A Chaira de Amoroz, Celanova, Ourense

Ola compañeirxs 🙂

Volvemos coas pilas cargadas e propómosvos unha nova actividade para fináis deste mes, un encontro o Domingo 31 de Maio en A Chaira de Amoroz en Celanova, Ourense. 
 
A fertilidade e a microbioloxía serán os temas principais, e ademáis falaremos dos plans para o noso nodo nos próximos meses!
Cartel 31 Maio
Esta vez celebraremos o noso encontro na Chaira de Amoroz, un centro terapéutico, cultural e educativo que se encontra  no concello de Celanova (Ourense). Neste centro celébranse gran cantidade de actividades orientadas á terapia con cabalos, para nenos, persoas discapacitadas,etc. ademais de rutas de senderismo e outros programas educativos.
Estamos moi contentas de poder celebrar o noso encontro nun lugar tan especial coma este. Deixámosvos a ligazón da súa páxina de facebook, onde podedes atopar máis información sobre eles e as actividades que ofrecen.
Vémonos entón o 31 de Maio!
Que teñades un bó domingo :)!

Próximo encontro 28 Marzo Ourense

Bos días a tod@s!

Reunímonos de novo en Triós, Ourense, o sábado 28 de Marzo!

Esta vez achegarémonos o mundo da microbioloxía de solos, coñecerémola e aprenderemos a facer apetitosas receitas para reproducila!!!   🙂

Estades tod@s convidad@s a vir!!! Agardámosvos!

Unha forte aperta rexenerativa!

Cartel 28 marzo ourense arg

Próximo encontro domingo 8 de Marzo

Bos días a tod@s!!!

Xa queda menos para rencontrarnos de novo!

Esta vez o encontro realizarase na Estrada na finca de permacultura Lagos onde trataremos o tema da Cromatografía de solos. Ademais preparemos un biofertilizante a base de merda de vaca!! Mmmm exquisitoo!!

Así que vémonos o domingo na Estrada onde xa está todo listo para recibirvos cos brazos abertos!!!

Saúde!!!

cartel 8 marzo