Comeza a viaxe!

Benvid@s!

Damos paso a apertura do blog de Agricultura Rexenerativa Galicia!

A decisión de crear un blog xurde da necesidade de ter un espazo público onde reflectir os pasos que está levando a cabo o nodo galego de Agricultura Rexenerativa.

Que é iso do nodo galego de Agricultura Rexenerativa?

Un grupo de persoas que fomos conectando as unhas coas outras pola nosa interese en formas de facer alternativas, e cun próposito común, aprender e compartir! Por medio de pequenos encontros onde reunímonos, charlamos e aprendemos xuntas algunha que outra cousiña relacionada coa agricultura rexenerativa!

Por outro lado, o blog nace non só co propósito de difundir información sobre agricultura rexenerativa, senón tamén para crear un lugar onde atopar información relacionada coas distintas iniciativas agrícolas e gandeiras que están levándose a cabo nestes intres na nosa terra. É dicir, qué se está a xerar pouco a pouco aquí en Galicia e cómo podemos, cada unha destas pequenas propostas alternativas, axudarnos, compartir e apoiarnos. Pois en principio, comezemos con coñecernos as unhas ás outras e creemos unha rede de comunicación!

agrexenerativa

Qué é agricultura rexenerativa?

A agricultura rexenerativa é unha proposta que procura, como o seu nome indica, rexenerar. Rexenerar as nosas terras mediante a idea de devolverlle a súa fertilidade, unha fertilidade que fomos perdendo ao longo dos anos gracias a malas prácticas agrícolas e gandeiras. Unha proposta que anima ás persoas a reflexionar sobre a nosa saúde, a saúde do noso territorio e do resto dos seres que habitan nel, polo tanto, do noso patrimonio cultural e como non, da nosa supervivencia.

Qué está a ocorrer no noso entorno que é tan grave?

Si chegasches ata aquí iso quere dicir que estarás dacordo con nós en que o sistema agrícola actual non é o axeitado. Un consumo excesivo de produtos químicos, coma fertilizantes, pesticidas e distintos tóxicos, todo isto unido ás malas prácticas levadas a cabo durante séculos, está xerando a perda do noso territorio a pasos axigantados.

Un chan nu é o enemigo público número un. A base dun sistema ecolóxico san e do seu bo funcionamento comeza por un solo cuberto. Un chan descuberto ocasiona problemas a curto medio prazo, por iso, é algo que debemos ir cambiando pouco a pouco.

Cómo podemos loitar contra isto?

Pois principalmente algo tan sinxelo coma pensar que faría a natureza en condicións normais. Cómo entender a nosa horta, leira, cultivo, etc dende un punto de vista holístico, é dicir, observando o chan coma gran sistema formado por distintas partes onde cada unha delas realiza unha función importante e esencial.

Por iso o nosos pasos deberían tender á reflexión sobre qué está a ocorrer baixo os nosos pés! Coñecer e comprender o noso entorno para poder contribuír a súa mellora e polo beneficio de tódalas persoas!

O gran cambio que podemos emprender cando traballamos con técnicas rexenerativas é comezar a centrarnos en rexenerar a saúde do solo, remplazando co tempo os produtos químicos agrícolas tradicionais, e polo tanto, acadar a nosa independencia da industria.

Isto implica moita reflexión e comprensión sobre o feito de que a vida é a que xera fertilidade. Existe unha gran gama de ferramentas que podemos empregar para contribuir á fertilidade do solo, as cales iremos amosando aos poucos neste blog!

Até aquí polo momento. Despedímonos dándovos as gracias e de novo unha gran benvida ao noso blog. Desexarvos tamén, unha boa viaxe neste novo mundo da rexeneración!

Se queredes máis información sobre agricultura rexenerativa e do que se está a facer no territorio ibérico, convidámosvos a visitar o sitio web de Agricultura Rexenerativa Ibérica.

http://www.agriculturaregenerativa.es/