Curso intensivo de introdución ao Pastoreo Racional Voisin co Mestre Luiz Carlos Pinheiro Machado

Boas a todxs!!

Querémosvos presentar o próximo curso que propoñemos dende Agricultura Rexenerativa Ibérica e Agricultura Rexenerativa Galicia. Por primeira vez en Galicia un curso sobre Pastoreo Racional Voisin (PRV) co mestre Luiz Carlos Pinheiro Machado.

Qué é isto do PRV?

É un método de pastoreo do gando no que se integran dende as necesidades dos nosos animais, a calidade dos nosos solos, a saúde e a diversidade das plantas que compoñen os nosos pastos, as condicións ambientais e paisaxísticas do noso terreo, etc.

Este sistema axúdanos a obter maiores rendementos dos nosos pastos gracias á consideración de distintos principios, dende os tempos de ocupación do animal en cada parcela, os tempos de repouso das mesmas, ata o punto óptimo no que o pasto debe ser consumido polo animal, entre outros principios.

 

PASTOREO RACIONAL VOISIN

 

ONDE: O Sábado 6 de Febreiro na Sala de Prensa do Concello de Lalín (xornada intensiva)

APORTACIÓN: 60 € antes do 15 de Xaneiro, 75 € despois

Xantar aparte (suxerencia: no Bar Suso por uns 12 €)

Para máis información e inscripcións aquí

 

Para coñecer máis sobre o mestre Luiz Carlos Pinheiro Machado e sobre o método PRV, aquí deixámosvos varios videos que esperamos que vos gusten.

Vémonos en Lalín!

Un saúdo rexenerativo!!!

 

 

 

 

Deja un comentario