Boas a todxs!!
Querémosvos presentar o próximo curso que propoñemos dende Agricultura Rexenerativa Ibérica e Agricultura Rexenerativa Galicia. Por primeira vez en Galicia un curso sobre Pastoreo Racional Voisin (PRV) co mestre Luiz Carlos Pinheiro Machado.
Qué é isto do PRV?
É un método de pastoreo do gando no que se integran dende as necesidades dos nosos animais, a calidade dos nosos solos, a saúde e a diversidade das plantas que compoñen os nosos pastos, as condicións ambientais e paisaxísticas do noso terreo, etc.
Este sistema axúdanos a obter maiores rendementos dos nosos pastos gracias á consideración de distintos principios, dende os tempos de ocupación do animal en cada parcela, os tempos de repouso das mesmas, ata o punto óptimo no que o pasto debe ser consumido polo animal, entre outros principios.
ONDE: O Sábado 6 de Febreiro na Sala de Prensa do Concello de Lalín (xornada intensiva)
APORTACIÓN: 60 € antes do 15 de Xaneiro, 75 € despois
Xantar aparte (suxerencia: no Bar Suso por uns 12 €)
Para máis información e inscripcións aquí
Para coñecer máis sobre o mestre Luiz Carlos Pinheiro Machado e sobre o método PRV, aquí deixámosvos varios videos que esperamos que vos gusten.
Vémonos en Lalín!
Un saúdo rexenerativo!!!