ABC DA AGRICULTURA ORGÁNICA. 3 días con Jairo Restrepo en Lalín (Galicia)

Bos días compañeir@s!

Temos o pracer de anunciarvos a chegada do mestre Jairo Restrepo a Galicia!

A súa visita terá lugar en Lalín (Pontevedra) entre os días 30 de Outubro e 1 de Novembro. O ABC da Agricultura Orgánica, é un curso de 3 días de duración onde se tratan temas tan importantes coma a fertilidade e a saúde dos nosos solos, ofrecéndonos as ferramentas necesarias para conseguilo.

Se queres ter máis información sobre o traballo de Jairo Restrepo e os distintos sitios que Jairo visitará ao longo da súa xira por España, preme na seguinte ligazón:  http://www.agriculturaregenerativa.es/agricultura-organica-jairo-restrepo-vuelve-a-iberia-a-por-su-7a-gira-noviembre-2015/

Pola contra, se non podes esperar e queres inscribirte xa no curso de Lalín, podes facelo AQUI . Recorda que se te inscribes antes do día 30 de setembro o precio do curso terá unha pequena redución!

Para calquera dúbida ou para máis información, non dubides en contactar con nós ao seguinte enderezo:  nodogalicia@agriculturaregenerativa.es

Unha forte aperta a tod@s!!

ABC-AGRICULTURA-ORGANICA_WEB