Próximo encontro 25 Abril Ecolectivo Vigo

Boas a tod@s!

Xa estamos de volta!

Hoxe queremos anunciarvos o novo encontro de Agricultura Rexenerativa Galicia, esta vez no Ecolectivo de Vigo o día 25 de Abril do 2015!

O Ecolectivo de Vigo é un proxecto que crease no ano 2014 por un grupiño de xente con moitas ganas de facer e promover estilos de vida comunitarios e respetuosos, tanto coas persoas coma coa natureza.

A súa pegada está sendo clave en Galicia, xa que estanse convertindo nun movemento transformador e de cambio moi potente. Neste proxecto hai cabida para todo tipo de persoas de distintos campos, por iso fai del un lugar de aprendizaxe e transmisión de saberes onde tódalas persoas teñen algo que aportar!!

Deixámosvos aquí a ligazón á súa páxina de facebook onde poderedes atopar máis información sobre a súa historia, talleres e actividades que realízanse no seo deste proxecto. http://www.facebook.com/ECOLECTIVOVIGO

Dende aquí desexámoslles moi boa sorte no seu camiño, e despedímonos con moitas ganas de que chegue a xornada do día 25 de Abril, onde realizaremos un rico bocashi, un biofertilizante e trataremos de novo a cromatografía da cal tanto temos que aprender! 🙂

Saúdos a todxs, e que teñades moi bó día!

Encontro 25 Abril 15

Deja un comentario