Finca Permacultura Lagos

Ola amigxs da rexeneración!!

Hoxe queremos adicarlle esta entrada á Finca de Permacultura Lagos en A Estrada, a cal recibiunos cos brazos abertos este pasado domingo 8 de marzo para levar a cabo o encontro rexenerativo sobre cromatografía e fertilidade de solos. José Reymondez e Javier Gacías foron os encargados de compartir a arte da cromatografía e de ensinarnos a elaborar un biofertilizante a base de merda de vaca. Moitas gracias rapaces por ofrecernos este magnífico espacio e por ensinarnos tantas cousiñas interesantes!!

AR_gz_Cromas A Estrada (140)

A finca Permacultura Lagos da Estrada é o proxecto de dous irmáns, José e Diego Reymondez que traballan para converter a antiga leira familiar de 2 ha nun bosque comestible. Fai aproximadamente un ano que comezaron con ilusión este proxecto e xa teñen máis de 50 variedades diferentes de árbores prantadas! Incluíndo animais que lles axudan a traballar a terra,coma galiñas, parrulos, ocas e unhas recén chegadas porquiñas celtas. 🙂

Este proxecto xurde da inconformidade destes dous irmáns á crise medioambiental que vive a nosa civilización actualmente, e á nosa forte dependencia aos combustibles fósiles que destrúen o noso planeta. Formas de enerxía potentes e baratas que están destruíndo a nosa sociedade, explotándoa e provocando a súa enfermidade!
A base do seu traballo está na permacultura, sistema de diseño que crea entornos humanos que funcionan como ecosistemas. A permacultura inclúe coma ferramenta de diseño calquera práctica ecolóxica. Por iso, estánse metendo de cheo no mundo da agricultura rexenerativa, da cal están aprendendo a emplear biofertilizantes e abono bocashi; cromatografía coa cal logran observar e aprender do seu propio solo; manexo holístico de animais e a técnica de liña clave, conseguindo así unha boa retención de auga no seu terreo gracias ao traballo en curvas de nivel.
Encantaríalles incluír outras grandes técnicas no seu proxecto, coma por exemplo a bioconstrucción, pero de momento están concentrados na relación pranta/animal, é dicir, en sistemas baseados na produción de alimentos, materias primas orgánicas e na medicina natural.
AR_gz_Cromas A Estrada (75)
Como a permacultura nace da agricultura permanente, quixeron crear un bosque comestible, un sistema de agricultura baseado en árbores, arbustos e herbáceas perennes. Este tipo de sistema  é máis estable, resistente e duradero que un sistema de cultivo baseado en prantas anuais e en monocultivos.
Un bosque comestible, onde, a través dunha diversidade de cultivos perennes asociados, consíguese crear fertilidade no solo, atrapando ao mesmo tempo carbono, non precisando de irrigación, e polo tanto, promovendo cultivos que precisan  menor cantidade de insumos. Convírtese polo tanto, nunha agricultura que non require dun aporte de enerxías externas  para o seu funcionamento.
Todo isto combinado con estanques, onde no futuro haberá peixes comestibles, os cales sirven tamén de biotopos (lugares onde habitan comunidades biolóxicas); con swales (curvas de retención de augas), pastos autosembrantes, e moito máis!!!
Como vedes un gran proxecto recheíño de ideas. Parabéns chicos e moita sorte no voso camiño!!!
Deixámosvos o seu blog para que poidades seguir un pouquiño máis de cerca as súas andanzas:
Espero que vos guste!!
Apertas rexenerativas!!!

 

Deja un comentario